Blogia
Andresadas

O fruteiro. Un machista sen nome

O fruteiro. Un machista sen nome Todos coñecemos ao Fruteiro, un dos principais personaxes da série Sete Vidas que se emite en Telecinco, tódolos domingos a partir das 22.00h (prime-time). Desde o 1 de maio, esta série cumple unha temporada máis. Xa son 7 os anos que esta magnífica parodia da sociedade actual nos leva divertindo. Neste artigo, centrarémonos como xa antes dixen, nun dos máximos expoñentes da série, interpretado polo actor, cómico e monologuista Santi Rodríguez.
O fruteiro é o claro estereotipo de home estancado no franquismo, facha, misóxino e egoísta. Só fai as cousas polo seu propio interese, ainda que como case todo ser humano, en ocasións demostra ter un grande corazón. Posúe o seu comercio propio e explota a traballadores ilegais, aos cales mantén sen contrato. Pasa gran parte do seu tempo no Casi que no, a taberna do seu amigo Gonzalo, que trala separación con Carlota tivo que vender á avogada da súa esposa, Mónica. Ainda asi, Gonzalo continua traballando na tasca, despois de que a nova xefa lle contratase como encargado.
Para el a superioridade do home sobre a muller é unha realidade, e trata a tódalas mulleres da mesma maneira: como meros obxectos sexuais, excepto a súa muller, á cal trata con desprezo, dicindo dela que é un becho gordo e feo. Con mulleres fermosas escápanselle comentários tales como: "Que non me entere eu de que ese cuiño pasa fame" ou "Se esa fora a miña hucha, metería agora mesmo tódolos meus aforros". Ademais é afeccionado a acudir a prostíbulos ou á whiskería, como a el lle gosta chamárlle .
Nesta temporada, o fruteiro decide vender a frutaria (valla a redundáncia), por unha cantidade económica substanciosa, e asi pasar máis tempo cos seus amigos e a vivi-la vida.
O seu grande amigo é Gonzalo, ainda que con Sergio tamén garda unha grande complicidade e confianza. A pesar de se-la ovella negra da pandilla, o fruteiro sempre é protagonista nos grandes momentos, e está presente nun lugar ou outro, e, ainda que garde diferenzas co grupo de mulleres da série (a Vero non para de piropeala de maneira ofensiva, Sole non lle soporta polas súas ideas políticas e a Diana sempre lle solta comentários machistas falando dos seus peitos), dunha forma ou outra, se poderia dicir, que este personaxe converteuse en imprescindíbel para a série e un dos grandes protagonistas...
A foto á dereita, como as súas ideas...

1 comentario

Duffman -

K pasa artista!! Baixo o meu punto de vista, acabas de atopar un dos máximos, se non o máis, xeraror de estereotipos, a televisión. Este medio de comunicación masivo, exporta machismo, borreguismo, e un sen fin de desvalores cos que a sociedade se identifica, e logo adopta como propios. O artigo é moi interesante xa que fas un análise moi bo dun dos persoaxes principais dunha serie de máxima audiencia,... en 7 Vidas, unha das mellores series da televisión, se cadra non tanto, pero en Aqui no hay quien viva, penso que esta serie de Antena3 si que crea estereotipos, tales coma homes saídos e inútiles, sempre á disposición dunhas mulleres saídas e provocativas..
Weno Andrew segue "güeblogueando" de risas que che está quedando de puta nai.
bña. bikos e abrasos!